PREMIO ALTOFALANTE DO ANO 2011

PREMIO ALTOFALANTE DO ANO 2011.

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DA BARBANZA

- Por Ser quen de facer unha fronte común na defensa da sanidade pública do noso país, máis alá de diferenzas ideolóxicas, fronte aos ataques privatizadores.
- Participar activamente dando argumentos -Sanitarios, económicos e sociais- fronte os que , aproveitando a actual crise económica, queren facer crer que o sistema sanitario público é decadente e inasumíbel economicamente.
- A capacidade para integrar no seo da Plataforma á cidadanía ao movemento asociativo e ser reflexo da sociedade no seu conxunto.

Homenaxe á Galiza Mártir

HOMENAXE Á GALIZA MÁRTIR EN RIBEIRA.


O acto escomenzou cunha introdución do presidente de Altofalante Xosé Antonio Vázquez Cobas . A continuación, diversos socios de Altofalante leron o poema de Luís Pimentel Cunetas, escrito en 1937 na Galiza. Léronse tamén as verbas de Castelao sobre os mártires galegos escritas en Alba de Groria. Rematáronse as lecturas co poema Lembranza de Alexandre Bóveda de Manuel María. O acto finalizou coa ofrenda floral feita por Marivén Sampedro e Silvia Varela, vicepresidenta e tesoureira de Altofalante respectivamente. Ó longo do acto escoitáronse diversas pezas de música galega actual.